3/6/09

Unha xoia da literatura universal

Logo de ternos rido a gusto coas dúas últimas pezas teatrais lidas e interpretadas no Club, decidimos cambiar novamente de xénero e de temática para dedicar as nosas últimas reunións do presente curso a comentar unha das obras mestras da literatura do século XX: A perla, do escritor norteamericano John Steinbeck.

Quizais, a primeira vista, esta novela non resulte tan atractiva aos nosos mozos como outras máis comerciais que as editoriais lles intentan meter polos ollos. Con todo, hoxe puidemos confirmar o que xa sospeitabamos: unha vez iniciada a súa lectura, os nosos paseniños sentíronse conmovidos pola historia narrada e, inmediatamente, situáronse á beira desa familia indíxena que ve como o seu neno corre perigo de morrer porque un cruel médico racista se nega a atendelo.

Seguramente, o desenlace, que aínda non imaxinan, deixe nestes rapaces un sabor agridoce. No entanto, cremos que merece a pena correr ese risco e darlles a coñecer un libro coma este, que, a pesar de ser escrito hai máis de 50 anos, aborda temas que, por desgraza, semella que sempre estarán de actualidade: a diferenciación social, o racismo, a violencia e a cobiza humana.

2/6/09

Tamén escribimos

En Paseniño non só lemos, senón que tamén animamos aos nosos mozos a que intenten reproducir sobre o papel as súas inquietudes, os seus pensamentos ou, simplemente, as súas fantasías. Non vaiades crer que sempre resulta fácil convencelos para que o fagan; pero, afortunadamente, contamos cun par de pequenos líderes que nos axudan a tirar do grupo.

Hoxe vos queremos invitar a que leades dous das súas creacións. A ver se vos gustan:

OTRO ÁLBUM DE RECUERDOS

Pobre niña indefensa. Tenía una sonrisa blanca y reluciente, era bella y a la vez lista y, además, me amaba. Por eso no entiendo por qué hice tal desacato.
Era una noche de invierno fría y amarga. Yo no estaba bien. Había hecho algo insólito, algo que apenas recuerdo. Llegué a mi hogar, a mi dulce hogar; la vi y luego… Ella es mi último álbum de recuerdos y el más preciado, eso sí. Por eso regalé por primera vez a alguien la admirable rosa roja que ella jamás me podrá agradecer.

Ana Pombo Pintos


SEN TÍTULO

Fun un home que busca, e aínda o sigo sendo, pero xa non busco nas estrelas nin nos libros, senón nas ensinanzas do meu sangue. Aínda que agora atópome facendo un pouco de limpeza. Esta historia e moi tráxica (depende de por onde se mire).
Foi a vinganza a que me trouxo ata aquí; a miña misión era simple. Pero será mellor que o relate dende o principio para que se poida entender.

Esta historia comeza hai uns anos. Chegaba á miña casa despois de traballar, un día normal en aparencia. Ó entrar pola porta podía cheirar o perfume na habitación. Non sabía que un asasinato podía cheirar a madreselva, pero a sorpresa foi atopar á miña esposa e fillos degolados e curbetos de sangue. Unha sensación estraña percorría o meu corpo, non estaba acostumado a ela. Isto podíase deber a que mantiña unha vida relativamente feliz (se obviamos ese día en concreto). Esa sensación era dor; cando non se converte en verdugo, é unha gran mestra. Ensinoume a disfrutar do que tiña, e tamén a ser alguén máis frío e calculador.
A vinganza é o manxar más saboroso condimentado no infierno. Só tiña una obsesión dende o momento en que me recuperei do estado de
shock, era unha obriga, un deber. A única pista coa que contaba era o seu nome, "Mentor". En un principio tomeino a modo de burla. Acaso me pretendía ensinar algo con isto. Menuda tontería de nome que se puxo; debería de crerse un ser omnipotente coa posibilidade de facerme sufrir.

Tardei anos en conseguir máis información, máis da que desexaría, pero foi a suficiente como para atopalo. Tal foi a miña sorpresa ó atoparme cunha persoa indefensa, xa vella, da que case me apiadei un pouco antes de esparexer o seu cerebro polo chan.

Quizais puido ser unha decisión un pouco precipitada, pero creo que a máis acertada.
En definitiva, todos imos morrer. Infelizmente, non podemos escoller o modo, pero si podemos elixir como encarar ese final. El elixiu como encarar o seu. Díxome que me comprendía e que estaba preparado para recibir o seu castigo. Só engadiu unha cousa: "Morte, ese é o gran soño que teño dende o día no que nacín , porque a vida me matou pouco a pouco coa súa imaxe escura, a cal non podo deixar de ver". Foi conmovedor. Despois lembrei o que fixera; nese momento foi cando collera a pistola...

Sergio González Cancela

28/5/09

Que divertidos eran aqueles romanos!

Parece mentira que aos mozos de hoxe en día os siga enganchando o teatro grecolatino. Pero, o certo é que cando comezamos a ler en grupo a comedia de Agustín Magán baseada nas obras de Plauto, pasámonolo tan ben que decidimos continuar a lectura durante tres días consecutivos, pois a ninguén lle apetecía esperar toda unha semana para coñecer o desenlace.

Oxalá puidésedes ver a Héctor interpretando ao vello verde de Lisídamo, perseguindo polo aula a Luz, a nosa bela Selenia, para beliscala (iso si, sen soltar nunca o libro das mans). Ou a Ana, que se tomou tan en serio o seu papel de Cleóstrata, a enérxica esposa de Lisídamo, que de cando en vez lle soltaba unha cotenada a Héctor.

A experiencia coas pezas teatrais (xa van dúas este ano) foi, pois, outra vez estupenda. Tanto, que os rapaces se preguntan se poderían convencer á profe Marisa para que Farsa plautina fose a obra escollida por TeatrodoBarro para representar en público o próximo curso. Se o conseguen, asegurámosvos que Paseniño estará alí para contárvolo.

19/5/09

Tamén nós estamos de loito

"Murió Mario Benedetti en Montevideo y el planeta se hizo pequeño para albergar la emoción de las personas".

José Saramago (19/05/2009)



En efecto. A morte de Mario Benedetti, aínda que esperada, encheunos a todos dunha profunda tristeza.

Do mesmo xeito que o resto do mundo, tamén desde Paseniño quixemos render unha pequena homenaxe a este marabilloso escritor. Por iso, aprazamos por un día o comezo da obra Farsa plautina e dedicamos a sesión de onte a ler algúns dos seus poemas e a escoitar outros na voz do propio autor e na do seu amigo Serrat.

Lede, escoitade..., porque é posible que xa nunca ninguén sexa capaz de escribir versos tan fermosos e tan sentidos como os de don Mario.


DEFENSA DE LA ALEGRÍA

Defender la alegría como una trinchera,
defenderla del escándalo y la rutina,
de la miseria y los miserables,
de las ausencias transitorias
y las definitivas.

Defender la alegría como un principio,
defenderla del pasmo y las pesadillas,
de los neutrales y de los neutrones,
de las dulces infamias
y los graves diagnósticos.

Defender la alegría como una bandera,
defenderla del rayo y la melancolía,
de los ingenuos y de los canallas,
de la retórica y los paros cardiacos,
de las endemias y las academias.

Defender la alegría como un destino,
defenderla del fuego y de los bomberos,
de los suicidas y los homicidas,
de las vacaciones y del agobio,
de la obligación de estar alegres.

Defender la alegría como una certeza,
defenderla del óxido y de la roña,
de la famosa pátina del tiempo,
del relente y del oportunismo,
de los proxenetas de la risa.

Defender la alegría como un derecho,
defenderla de dios y del invierno,
de las mayúsculas y de la muerte,
de los apellidos y las lástimas,
del azar
y también de la alegría.


13/5/09

O teatro é un vicio

Vendo o interese que os nosos mozos puñan en ler L'avare (a pesar de estar escrita nunha lingua estranxeira), decidimos probar novamente sorte con outra peza teatral.

Como a comedia sempre adoita funcionar ben e a estas alturas do curso non era cuestión "fincar o dente" a unha obra moi extensa, optamos por arriscarnos con Farsa plautina, de Agustín Magán, xa que tiñamos boas referencias sobre a mesma: é divertida, un pouco "picante" e lese rapidamente (tres calidades que encantan aos adolescentes).

Pero, aínda que a historia se entende perfectamente, quixemos dedicar a primeira sesión a falar sobre como eran as comedias no teatro grecolatino e, en particular, sobre as escritas por Plauto, pois nelas está baseada esta farsa.

O grupo viulle tan "boa pinta" ao libro, que pediu adiantar a próxima reunión, polo que empezaremos a lectura o luns 18 de maio. Xa vos contaremos...