20/1/09

O bo, se breve, dúas veces bo

Dedicamos varias sesións a ler unha selección de microrrelatos de distintos autores. En principio, e dado que non estabamos seguros de como ía funcionar este "experimento", decidimos non nos arriscar a mercar varios exemplares dun mesmo libro. Así, tras consultar diferentes textos e algunhas páxinas web, preferimos realizar persoalmente a recompilación e non nos guiar por ningunha editorial en concreto.


Afortunadamente, podemos dicir que o resultado foi bastante mellor do esperado (¡estes mozos nunca deixan de sorprendernos!). En efecto, non só leron entusiasmados as historias elixidas, senón que pediron que se fixese unha nova selección, na que tamén eles participaron, buscando pola súa conta outros minicontos en Internet.

Visto o éxito, propuxemos escribir dentro do Club algún relato breve que cumprise as características dun miniconto. Foi entón cando todos comprenderon o difícil que resulta contar unha historia con tan poucas palabras. Con todo, fomos capaces de inventar algúns. Aquí tedes tres deles:


UN XENRO EXEMPLAR

- Ve, querida sogra, como non me importa que quede para sempre connosco nesta casa?

E mentres dicía isto, o home, que agardaba a que a súa muller chegase do salón de peiteado, terminaba de tapar aquela focha no seu xardín.

Isabel


DESEXO CUMPRIDO?

Sempre desexara voar. Sabía que as vistas dende alá arriba serían estupendas, pero nunca imaxinara ata que punto o ían impresionar! Que mágoa que aquela maldita argola non funcionara...

Yolanda


¡TRÁGAME, TIERRA!

Aquel desconocido, uno más entre tantos, permanecía inmóvil, mientral él se miraba las manos y la camisa manchadas de rojo.
¿Cómo había podido suceder aquello? Había sido un accidente lamentable, pero ahora ya no tenía solución. Hubiese deseado que la tierra se lo tragase, pues sabía que aquel incidente sería una vergüenza para su familia. Entonces, fue consciente de que su mujer le decía a gritos:

- Pero, ¿es que no sabes comer? ¡Mira cómo te has puesto con ese dichoso langostino! ¡Y en la boda de tu propia hija!

Isabel



Que vos parecen? Non están mal, eh?

Finalmente, e tras comentalo cos rapaces de Paseniño, pensamos que sería boa idea dar a coñecelos polo Instituto, polo que fixemos unhas cantas fotocopias e picámolas nos taboleiros de anuncios que hai polo centro.
Sabedes? Nos días seguintes foron varias as persoas que se achegaron á Biblioteca a preguntar se tiñamos "libros con contos pequeniños, como eses que hai por aí". Como poderedes imaxinar, non nos quedou máis remedio que adquirir algún título relacionado con este tipo de relatos breves (brevísimos), que, por certo, estiveron moi solicitados.

Como di o refrán:

"O bo, se breve, dúas veces bo"