A pesar de que o libro que tiñamos entre as mans era bastante extenso, os nosos cálculos cumpríronse e fomos capaces de terminalo dentro do prazo previsto. Pero, para ser totalmente sinceros, algún/algunha que outro/a integrante se foi escapulindo (sería por mor dos exames ou sería que o cheiro dos bocatas lles facía devecer?).
Tras dedicar unha última reunión a explicar que conexión se pode establecer entre a estrutura clásica de toda obra literaria (presentación, nó e desenlace) e as etapas polas que pasa un/unha heroe/heroína durante a súa viaxe (enténdase tamén busca ou aventura), só nos restaba por realizar o pase da película baseada na novela Los seis signos de la Luz, a cal, por certo, acaba de saír á venda en DVD.
Nesta ocasión, e dado que a proxección tivo lugar no propio local da Biblioteca durante catro días consecutivos, os/as rapaces/rapazas acudiron bastante máis animados/as que a vez anterior. Iso, sen ter en conta que aos/ás adolescentes lles "privan" as películas protagonizadas por mozos/as da súa mesma idade dos/as que depende salvar á Humanidade.
Como era de esperar, a historia orixinal fora modificada ao elaborar o guión, aínda que todos/as quedamos moi sorprendidos/as ao comprobar que había ata máis di
ferenzas que semellanzas. Somos conscientes de que, evidentemente, no cine todo debe suceder moito máis rápido que nos libros, pero de aí a se tomar a liberdade de realizar tantísimos cambios hai un gran treito.
ferenzas que semellanzas. Somos conscientes de que, evidentemente, no cine todo debe suceder moito máis rápido que nos libros, pero de aí a se tomar a liberdade de realizar tantísimos cambios hai un gran treito.De todos os xeitos, a pesar de que a película gustou moito (pois aos americanos se lles dá moi ben levar á pantalla este tipo de fantasías épicas), acabamos recoñecendo que, unha vez lido o libro, daba a sensación de que nos quixeran enganar, pois aquela non era "a nosa historia".
Se non pertences ao noso club de lectura e sentes curiosidade por saber de que trata o film, aquí podes ver o trailer publicitario do mesmo. Pero, non esquezas que o libro é aínda moito mellor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario