13/5/09

O teatro é un vicio

Vendo o interese que os nosos mozos puñan en ler L'avare (a pesar de estar escrita nunha lingua estranxeira), decidimos probar novamente sorte con outra peza teatral.

Como a comedia sempre adoita funcionar ben e a estas alturas do curso non era cuestión "fincar o dente" a unha obra moi extensa, optamos por arriscarnos con Farsa plautina, de Agustín Magán, xa que tiñamos boas referencias sobre a mesma: é divertida, un pouco "picante" e lese rapidamente (tres calidades que encantan aos adolescentes).

Pero, aínda que a historia se entende perfectamente, quixemos dedicar a primeira sesión a falar sobre como eran as comedias no teatro grecolatino e, en particular, sobre as escritas por Plauto, pois nelas está baseada esta farsa.

O grupo viulle tan "boa pinta" ao libro, que pediu adiantar a próxima reunión, polo que empezaremos a lectura o luns 18 de maio. Xa vos contaremos...

No hay comentarios: