11/5/09

Os nosos alumnos atrévense con todo!

Vaia se se atreven! Porque hai que ser moi "valente" para facer teatro en francés diante dun público exclusivamente francés.

En realidade, o que sucedeu é que os alumnos de intercambio de Charleville pasaron a mañá no Instituto, vendo como son "as típicas clases españolas", e atopáronse con que uns cantos rapaces (os nosos paseniños) os levaron á Biblioteca e ofrecéronlles unha pequena representación dalgunhas escenas de L'avare.

Ben, ben, non o fixeron, pero rimos a rabiar!

Entre os nervios e as dificultades do idioma, o certo é que se atoaron algunha vez. Afortunadamente, os nosos visitantes son tremendamente comprensivos, xa que non só lles aplaudiron, senón que, ademais, aceptaron a invitación para lernos parte do texto "avec sentiment" e, sobre todo, nun perfecto francés.

Foi unha experiencia moi divertida e realmente enriquecedora. Pero, que impresión credes que se levaron do noso Club?

No hay comentarios: