28/5/09

Que divertidos eran aqueles romanos!

Parece mentira que aos mozos de hoxe en día os siga enganchando o teatro grecolatino. Pero, o certo é que cando comezamos a ler en grupo a comedia de Agustín Magán baseada nas obras de Plauto, pasámonolo tan ben que decidimos continuar a lectura durante tres días consecutivos, pois a ninguén lle apetecía esperar toda unha semana para coñecer o desenlace.

Oxalá puidésedes ver a Héctor interpretando ao vello verde de Lisídamo, perseguindo polo aula a Luz, a nosa bela Selenia, para beliscala (iso si, sen soltar nunca o libro das mans). Ou a Ana, que se tomou tan en serio o seu papel de Cleóstrata, a enérxica esposa de Lisídamo, que de cando en vez lle soltaba unha cotenada a Héctor.

A experiencia coas pezas teatrais (xa van dúas este ano) foi, pois, outra vez estupenda. Tanto, que os rapaces se preguntan se poderían convencer á profe Marisa para que Farsa plautina fose a obra escollida por TeatrodoBarro para representar en público o próximo curso. Se o conseguen, asegurámosvos que Paseniño estará alí para contárvolo.

No hay comentarios: